martes 4 de noviembre de 2008

debemos seguir

Non sei como comear, para poder explicar todo o que pasa pola miña cabeza;en momentos alegría pero noutros moitos unha tristura que non me deixa neste camiño da vida no que só me gustaría ter como compañeiro o meu amor, a mña familia, os meus amigos....todos e cantos están nesta vida para pder ofrecerme algo fermoso que ilumine esta escuridade na que estou perdida e da que non consigo saír por non atopar o camiño.
Sei que teño que seguir, pero non pensedes que me fai moita gracia, por que estou farta de pasalo mal, moitas veces sen merecelo nin buscalo, moitas outras chegándome de rebote... pero en fin, foi o que me tocou e non podo refutalo, por que esta vida foi escollida para min e só eu podo seguir adiante con ela, ou tirar a toalla e, diso podedes estar seguros, que non o farei, por que teño moto máis que perder do que podo gañar se pecho os ollos e deixo que o tempo pase, sen disfrutalo como outros non poden. Por eles, por eses que xa non están aquí, é por quen debemos seguir.

malditos problemas

Sei que esta vez non teño escusa pero os problemas polos que a mia vida correu non me permitiron pensar noutra cousa máis que en solucionalos.
Sen máis quero comezar de novo e facer unha parénteses para pedir desculpas pola tardanza aínda que intúo que non moitos me botaron de menos.
Ademais diso, tño un problema co meu portátil que non me deixa engadir imaxes que ilustrarían as miñas inquedanzas ou as miñas alegrías. Sn máis publico isto e comezo.
grazas por todo e mil bicos

martes 23 de septiembre de 2008

agardando a contestación

Un novo día
comeza para os dous:
ti es maior de idade;
eu deixei o tabaco;
ti vas sacar o carné;
eu voute ter ó meu lado.

Por iso,
e polo que nos falta
por vivir xuntos,
fago un brinde,
coas nosas copas
cheas de amor e paixón,
nesta velada eterna
que non terá fin;
neste fermoso lugar
que se asemella
ó xardín do Edén,
e nós,
cama Adán e Eva,
pensamos no futuro,
pero agardo
que non cometamos
o mesmo erro.
Aínda así,
eu vou probar
o froito prohibido,
vou gozar dos teus bicos,
ata o fin dos meus días,
por que ti,
ó contrario ca entón,
es a miña salvación,
líbrasme da maldición
pola que fomos castigados
a ser mortais,
pero non importa,
por que sei que estes días,
por moi poucos que sexan,
os vou vivir ó teu carón,
nos teus brazos
e cos teus bicos;
nos teus ollos
e coas túas caricias;
no teu corazón
e cos teus “ámote”.

Ese é o único desexo
que che pido,
¿concédesmo?

Pero non vou ser egoísta;
eu ofrézoche a cambio
o meu corpo e a miña alma,
a miña pel e o meu corazón,
os meus ollos e os meus beizos,
as miñas mans e o meu peito,
peito miúdo e suave
que protexe o pequeno corazón
que latexa por ti,
e por poder acadar
o desexo implorado,
este corazón que agarda
a túa resposta
mentres os meus ollos
se pechan
para ver o teu sorriso,
sentir as túas mans no meu corpo,
es teus bicos nos meus beizos,
as túas caricias no meu rostro,
e, mentres tanto,
sigo agardando a contestación,
agardando a contestación,
agardando a contestación..............

viernes 12 de septiembre de 2008

os comentarios sen fundamento

Xa había tempo que non recibiamos comentarios absurdos que o único que conseguen medrar en nós son as ganas de seguir cos nosos proxectos para que a xente que de verdade lle importa e lle gusta o que facemos goce con verbas que saen do noso interior e que queremos compartir cos que de verdade nos valoran e nos queren. Sen máis, quero dicir que sei a identidade de quen quixo derramar un fermoso e humilde agasallo que no seu día lle quixen facer a un bo amigo que xa non está entre nós.
Unha vez máis, pido desculpas polas tardanzas e por empezar como o fago, pero non me queda máis remedio que facelo.
Agradecer tamén as palabras de quen me acopaña neste camiño.
bicos

lunes 16 de junio de 2008

COMA NOS VELLOS TEMPOS

Sempre ó meu carón,
axudándome nos malos momentos,
compartindo comigo
alegrías e tristuras,
sorrisos e bágaos,
amosando o teu lado máis doce,
ese que moitas veces
te empeñas en tapar,
ocultar,
baixo o teu carácter maduro,
pero que sae á luz
cando preciso dunha amiga,
dunha compañeira,
dunha cómplice,
cando sinto morriña
dos tempos pasados,
da vida corrida,
dos andares percorridos,
xuntas,
dende nenas,
aquelas nenas
que xa gozaban do baile xuntas,
que xa gozaban das pequenas cousas,
e insuficientes,
coas que a vida nos agasalla
cando máis o precisamos.
Pero tamén dos prontos,
as tristuras,
a dor,
esa dor que tantas e tantas veces
ocupou o meu miúdo corazón,
impedíndolle ver máis alá
do sufrimento;
pero aí estabas ti,
para quitarme a venda dos ollos,
para amosarme
o fermosa que é a vida
aínda cando todo
parece escuro.
Por iso e por todo,
douche as grazas,
tinguindo este papel
con verbas sinceras,
con sentimentos encarnados
nesta mente infantil
que está sempre
á túa disposición
cando máis o precises;
para as alegría
e para as penas;
para os sorrisos
e para os prontos;
para todo
e pro sempre;
sabe que estou
ó teu carón.


Coma nos vellos tempos.

¿QUEN É O XUSTO?

Sigo durmida,
nesta solitaria cama
que me acompaña
nos meus feos pesadelos
e nos meus fantasiosos soños,
na miña doce vida
e no meu cruel destino.
Mais non debo queixarme
porque eu non son
a que peor o estou pasando.
No mundo,
alá abaixo,
onde ninguén quere mirar
para non ver as atrocidades,
onde mulleres e homes coma min
sofren,
padecen,
choran,
berran,
calan por medo….
e todo por unhas mans egoístas
que non queren repartir nada,
que queren gozar eles
da inmensa riqueza
da que dispoñen estes países
que sofren sen ter culpa algunha.

Por iso,
non debo ser coma eles
e mirar para diante
dándome conta
de que, no mundo,
hai dores maiores,
sufrimentos inxustificados
que ninguén quere ollar
para non complicarse as vidas.


¿Quen é o xusto?

O MEDO

O día comeza escuro,
ensombrecido polas negras nubes,
estas nubes que onte
taparon o meu miúdo corazón,
sacando á luz un sentimento de medo,
terror,
a perderte,
a poñer punto e final a esta relación.

Pero unha raiola de sol
saíu dos teus ollos,
luceiros que alumean o meu camiño,
un sendeiro longo e con baches,
que percorro ó teu carón,
cos teus bicos,
as túas caricias,
o teu gran amor,
este amor que medra tódolos días,
dentro de ti e de min,
este sentimento que non sabe o que facer,
cómo obrar,
cómo berrarlle ó mundo enteiro
que isto é verdade,
unha realidade existente entre nós.

Pero sei que o medo voltará a min,
inevitablemente,
sen poder facer nada para impedilo,
pero agardo que para entón,
ti esteas ó meu carón.

sábado 14 de junio de 2008

disfrutar o día

A vida dá tantas voltas que moitas veces non nos damos conta do que pasa ao noso arredor. A miña pegou un xiro de 360 graos e a alegría que me trouxo é tan inmensa que non sabería cómo explicalo. O meu mozo está ao meu lado, a miña familia apóiame, os meus amigos están comigo e no facultade todo parece ir ben. Polo de agora aínda me quedan cinco exames pero os feitos están todos aprobados.
Todo isto vén por que lle quero dar grazas á vida polos momentos bos que me está brindando e por que dos malos xa non me lembro.
Vivide cada momento por que mañá ao mellor o día é peor.
Un bico

jueves 29 de mayo de 2008

GRAZAS POR EXISTIR

A vida ofreceume un agasallo fai hoxe 8 meses. O seu nome resultará coñecido, IVÁN, pero o amor que desprende reside todo en min e agardo que nunca se vaia por que a vida non ten sentido xa sen el.
Hoxe fago 8 meses co ser que máis quero, esa persoa que me está facendo a muller máis feliz do mundo, coa súa compaña,co seu amor, co seu apoio incondicional, coa súa paciencia...e todo para esta nena mimada e ceprichosa que tantos desgustos lle deu, pero do que non quero que haxa dúbida é do gran amor que sinto por el, este sentimento que nin as miñas humildes verbas poden explicar.
GRAZAS POR EXISTIR

jueves 15 de mayo de 2008

volvemos

Volvo dirixirme aos que queren que as miñas verbas se volvan plasmar neste mundo que me brindou a oportunidade de expresar o que sinto e o que desexo dicir en cada momento.
A pesar de todo, quero seguir pedindo perdón pola tardanza e o abandono destas historias que moitos recleman.
Con todo, quero comprometerme a intentar levalo máis ao día.
Moitos bicos e agardo poder gañar o voso perdón.